lorem ipsum sit dolor ans a quest for design lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. in nisl enim, placerat et ultrices id, egestas a auge. donec iaculis iaculis aliqam. donec bibendum rhoncus.

© Copyright 2024 A Mariña Somerxida. Todos los Derechos Reservados. <3 Dosdediez

A Exposición «A Mariña Somerxida» continua o seu itinerario, esta vez no Océano Surf Museo de Valdoviño do 11 ao 30 de novembro.

A exposición fotográfica A Mariña Somerxida que presenta o GALP A Mariña-Ortegal continua o seu itinerario e estará exposta dende o día 11 ao 30 de novembro no Océano Surf Museo de Valdoviño. Un traballo no que os fotógrafos Hugo Fernández e Carlos Gil mostran unha colección de instantáneas orixináis documentando a vida que rodea aos mares da costa Galega. A inauguración terá lugar o vindeiro venres día 11 de novembro as 19.00h no mesmo Museo.

As augas do noso mar ábrense nesta exposición para sorprender ao público. Mostramos o mar como recurso, como forma de vida, como parte da nosa cultura mariñeira. Pretende ser ademáis un referente para a divulgación, concienciación e conservación da riqueza das nosas augas. A exposición, froito de moitos anos de traballo, está en continua evolución, e sempre hai novas instantáneas e audiovisuais que irán completando a colección no futuro.

Cunha grandísima acollida durante todo o seu percorrido , esta exposición fotográfica, mostra un patrimonio natural descoñecido pola maioría e pon en valor a biodiversidade somerxida a través de instantáneas orixinais. Se todavía non tiveches a sorte de vela, aproveita esta oportunidade e visita o Océano Surf Museo de Valdoviño para descubrir os fondos mariños da costa Galega.