lorem ipsum sit dolor ans a quest for design lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. in nisl enim, placerat et ultrices id, egestas a auge. donec iaculis iaculis aliqam. donec bibendum rhoncus.

© Copyright 2024 A Mariña Somerxida. Todos los Derechos Reservados. <3 Dosdediez

A Exposición «A Mariña Somerxida» visita Ribadeo do 12 ao 26 de novembro

A exposición fotográfica A Mariña Somerxida que presenta o GALP A Mariña-Ortegal, dos fotógrafos Carlos Gil e Hugo Fernández, sigue os seu itinerario xa na recta final. Estará exposta dende o día 12 ao 26 de novembro na Oficina de Turismo Nova (Rúa Dionisio Gamallo Fierros 7, Ribadeo) , onde se poderá visitar en horario de luns a sábado de 10:00-14:00h e 16:00-19:00h.

Unha exposición fotográfica única na Mariña Lucense, que mostra un patrimonio natural descoñecido pola maioría. Pon en valor a biodiversidade somerxida a través de instantáneas orixinais. Se todavía non tiveches a oportunidade de vela, aproveita e visita Ribadeo para descubrir tamén os fondos mariños da costa de Lugo.

As augas da Mariña Lucense ábrense nesta exposición para sorprender ao público. Mostramos o mar como recurso, como forma de vida, como parte da nosa cultura mariñeira. Pretende ser ademáis un referente para a divulgación, concienciación e conservación da riqueza das nosas augas. A exposición A Mariña Somerxida convértese nun referente para a concienciación e divulgación mariña.