lorem ipsum sit dolor ans a quest for design lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. in nisl enim, placerat et ultrices id, egestas a auge. donec iaculis iaculis aliqam. donec bibendum rhoncus.

© Copyright 2024 A Mariña Somerxida. Todos los Derechos Reservados. <3 Dosdediez

David Abella, falará do patrimonio subacuático da Mariña Lucense

Hoxe vos presentamos o seguinte dos relatores que teremos o vindeiro día 22 de xuño no salón de actos do CENIMA en Foz. O seguinte convidado nesta sección oficial é David Fernández Abella. Un dos referentes en Galicia en arqueoloxía subacuática. Tivemos a sorte de coñecer a David a raíz do descubrimento dunha serie de restos arqueolóxicos durante unha das nosas inmersión de mergullo en Foz. Unhas anforetas de finais da idade media que dende o primeiro momento lle sorprenderon e das que nos falará na súa intervención nestas xornadas.

David Abella é historiador e arqueólogo especialista en arqueoloxía náutica e subacuática. Mergullador profesional e investigador predoutoral do grupo Síncrisis da Universidade de Santiago de Compostela. É ademáis director / xerente da empresa de arqueoloxía Argos Servicios de actividades subacuáticas S.L.

A conferencia de David Fernández Abella, titulada “Patrimonio cultural asolagado na Mariña” terá lugar o vindeiro día 22 de xuño ás 12.30 h no CENIMA en Foz.

A Mariña ten una rica historia vinculada ao mar. Tanto o seu territorio coma os seus grandes portos teñen un moi rico patrimonio cultural marítimo que a día de hoxe se configura coma un dos mais descoñecidos e con mais potencial de toda Galicia. Falaremos de naufraxios, patrimonio material e inmaterial somerxido e outras historias rescatadas dos nosos fondos mariños.