lorem ipsum sit dolor ans a quest for design lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. in nisl enim, placerat et ultrices id, egestas a auge. donec iaculis iaculis aliqam. donec bibendum rhoncus.

© Copyright 2024 A Mariña Somerxida. Todos los Derechos Reservados. <3 Dosdediez

Programa da Xornada

09:30h: Apertura
10:00h: Poñendo nomes as especies, primeiro paso para o estudo da biodiversidade
M. Carmen Cobo Llovo
Estímase que na actualidade coñecemos 2 millóns de especies, o que supón menos do 20%das que realmente existen. A Taxonomía e a rama da Bioloxía encargada de idenficar, describir, clasificar e poñer none as novas especies. Cada día descóbrense unhas 55 especies novas. Onde se atopan? Como se realizan estes descubrimientos? Cantas especies mariñas coñecemos? Canto queda por descubrir?
11:00h: “Fotografía submarina: descubrindo a luz da evolución”
Ricardo Roberto Fernández
Ricardo Roberto Fernández falará sobre biodiversidade e evolución, tanto da vida como da propia fotografía submarina. Exporá a importancia de coñecer a vida para poder desfrutala e protexela, centrándose en animais difíciles de fotografar, e sobre todo veranse moitas imaxes, algunhas bastante difíciles de conseguir.
12:00h: Descanso Café
12:30h: “Patrimonio cultural asolagado na Mariña”
David Fernández Abella e Fernando Patricio Cortizo
A Mariña ten una rica historia vinculada ao mar. Tanto o seu territorio coma os seus grandes portos teñen un moi rico patrimonio cultural marítimo que a día de hoxe se configura coma un dos mais descoñecidos e con mais potencial de toda Galicia. Falaremos de naufraxios, patrimonio material e inmaterial somerxido e outras historias rescatadas dos nosos fondos mariños.
13:30h: “Fotografar para conservar”
João Rodrigues
O papel da fotografía como ferramenta de conservación ambiental. A fotografía ten o poder de dar voz ás especies e lugares salvaxes que se enfrontan a ameazas en todo o mundo, dende a contaminación e fragmentación de hábitats ata a captura ilegal e alteracións climáticas. É tamén unha forma única de ilustrar como as persoas interactúan, dependen e valorizan a natureza. Veña descobrir, con João Rodrigues, o poder da narrativa visual.
14:30h: Clausura e pinchos